As Murgas tomarán este venres a partir das 20.30 horas a Alameda da Lama en substitución das comparsas que forman parte do entroido da Lama. A Murga do Naveiro, Os do Val do Lérez e Equipo Ja serán as encargadas de poñer a nota musical e de humor no carnaval. Ante a imposibilidade de poder contar este ano con comparsas, o Concello da maior protagonismo ás Murgas, ao entroido infantil, a unha chocolatada con churros gratuíta e un baile de disfraces amenizado polo dúo Prisma. O evento deste venres arrancará a partir das 18 horas co entroido infantil amenizado polo grupo Os Ilusionistas, de Ponte Caldelas.