Ata máis dunha ducia de cursos presenciais completan a oferta formativa que impulsa a Aula Cemit de Poio para o vindeiro mes de febreiro. En total, serán máis de 20 horas de clases gratuitas, o que supón un importante incremento con respecto a xaneiro. Ademais, lémbrase que a Aula Aberta estará a disposición da cidadanía de luns a venres, entre as 19.30 e as 21.00 horas, se ben requirirase cita previa.

As asociacións e organizacións do Concello de Poio poderá reservar o uso das instalacións realizando anteriormente a solicitude correspondente. Con respecto aos ciclos ofertados, terán lugar en horario de tarde, de 16.00 a 17.30 horas e de 17.30 a 19.30 horas.

A información pode consultarse no perfil de Facebook da Aula Cemit ou no do Concello. A primeira das formacións realizarase o vindeiro luns e ata o xoves 3 de febreiro.