Animar de diferentes xeitos nos medios de comunicación e nas redes sociais a consumir cultura. É o obxectivo central da campaña presentada está mañá polo conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, no Pazo da Cultura de Pontevedra, onde hoxe principia Culturgal, a gran feira das industrias culturais do país. O responsable autonómico quixo facer unha chamada á esperanza do sector e o seu departamento avanzou que a Xunta proxecta incrementar os aforos culturais, se a situación epidemiolóxica o permite.

Román Rodríguez non ocultou que unha das actividades económicas “que máis sufriu” coa pandemia foi a cultura “e tamén en gran medida foi e segue a ser exemplo de renovación”, lembrou, “adapándose ás novas circunstancias e transmitindo forza e ilusión”. Neste escenario, a Xunta incide en que “o único xeito de apoiar a cultura é gozala”, lema da campaña que debuta hoxe.

Desenvolverase nas vindeiras semanas en distintos soportes como xornais impresos, cuñas na radio e televisión e amén, coa idea de aproximar a cultura aos entornos urbanos, incluirá anuncios nos mupis das principais ruas comerciais galegas, coa idea de suxerir que se agasalle cultura galega neste Nadal.

Román Rodríguez (ao que acompañaron o secretario xeral de Política Lingüística, a delegada territorial da Xunta en Pontevedra, o director de Agadic e a directora-xerente da Fundación idade da Cultura) suliñou que a campaña “busca concienciar sobre a necesidade de que todos nos impliquemos no mantemento dun sector que é estratéxico para a nosa Comunidade”.

A campaña basearase en cinco gráficas (teatro, libro, música, danza e cine) e aposta por unha forte presenza dixital, a través de plataformas como Instagram, Spotify (onde se incluirán listas de reproduccións de autores galegos) ou Tik Tok, onde a Xunta de Galicia estará presente por primeira vez. A idea é chegar ao maior número de públicos, moi especialmente os máis novos, a fin de inculcarlles o hábito de consumir cultura e “crear novos públicos”, lembrou o titular do departamento autonómico de Cultura.

O deseño da campaña correu a cargo da empresa pontevedresa OVO e foi gravada en espazos culturais da Comunidade galega. A responsable da estratexia dixital, pola súa banda, será a axencia Nasas, da Coruña. Tamén é galega a banda sonora do spot: Alalá do Pai Iglesias II do músico Álvaro Iglesias, do Porriño.

Román Rodríguez encabezará esta tarde no Pazo a apertura de Culturgal, o gran escaparate da industria galega, e incidiu en que publicitar o consumo de produtos ideados e desenvolvidos dende Galicia é necesario para “favorecer á recuperación e reactivación de todos os sectores culturais”, especialmente no contexto do Nadal, nas datas de maior consumo do ano.

Para iso, engadiu, esta estratexia buscará a participación dalgunhas das caras máis recoñecidas do panorama cultural, se ben non desvelou os nomes para garantir a sorpresa. Será, avanzou Román Rodríguez, unha campaña “diferente, particpiativa e con interacción”.

Esta interacción cos contidos da campaña buscarase a través de ·cuestionarios e enquisas nas que a xente poderá compartir, entre outras cousas, cal é a súa obra de teatro favorita, o libro que quere que lle agasallen ou o primeiro espectáculo de danza que viu”, indican os voceiros da administración autonómica.

O lanzamento desta campaña, é unha das últimas medidas que se ponen en marcha do Plan de Reactivación da Cultura, un paquete de medidas deseñado pola Xunta dotado con 26,4 millóns de euros. Segundo as cifras ás que se refiru o conselliro, xa se excecutou o 90% das accións, pensadas para inxectar liquidez ás empresas, creadores e en xeral a todo o ecosistema cultura.

Con cargo a este programa téñense deseolvivo “en torno a 4.500 actos”, explicou Román Roríguez, desde espectáculos teatrais a música, actividades para nenos etc, e o plan tamén facilitou “a reestructuración” do sector e o desenvolvemento de novos formatos.

No día da posta en marcha de Culturgal Román Rodríguez lanzou unha mensaxe de esperanza e animou a todos os axentes culturais a “seguir dando pasos para que a cultura continúe sendo un sector estratéxico no futuro de Galicia”. A administración autonómica avanzou está mañá que de manterse a actual evolución epidemiolóxica, “as autoridades sanitarias prevén incrementar os aforos culturais nos próximos días”

Avanzou, así mesmo, que a Xunta manterá esta aposta pola cultura no vindeiro ano. “Os orzamentos de 2021 inclúen un incremento de fondos do 27,4% para os nosos creadores e creadoras, para a nosa industria cultural, para a nosa cultura de base, para os museos e bibliotecas, para a conservación do patrimonio, entre outros”, subliñou respecto á partida de 94M€ das contas autonómicas presentadas esta semana.

Pola súa Culturgal, que se adapta ás limitacións de capacidade e demais restricións sanitarias, reinventou o seu formato e neste 2020 propón ao público unha intensa programación en ñiña. Durante esta fin de semana a feira será o escenario para seis dos espectáculos ao vivo do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 −entre os que se atopan os concertos de Susana Seivane e Luar na Lubre e a proxección da restauración da versión polícroma do documental de 1927 “Pontevedra, cuna de Colón”..

Tras o acto de apertura, esta tarde darase paso á primeira sesión audiovisual do encontro coa proxección do filme de Alfonso Zarauza “Ons” e a actuación do grupo Chicharrón, que asina o tema central da banda sonora. Esta longametraxe chega a Pontevedra antes da súa estrea en salas, prevista para o vindeiro 18 de decembro.