Un encontro entre a actriz María Mera e a directora escénica Gena Baamonde abríu onte na praza da Peregrina o programa de conversas "En3vistas". Esta primeira cita centrouse nas artes escénicas en relación ao uso normalizado do idioma galego, tanto no eido profesional como noutros ámbitos de carácter público.

Mera, coñecida actriz e presentadora, é a protagonista da serie "O sabor das margaridas", a primeira emitida en lingua galega en Netflix. Pola súa banda, Gena Baamonde é dramaturga e directora escénica e vén de gañar o Premio María Casares pola dirección escénica de "Marcela e Elisa".

O formato En3vistas permite asistir ás conversas presencialmente (con todas as medidas de seguridade e distanciamento esixidas), mais tamén telemáticamente a través das redes sociais do Concello. Os encontros se desenvolverán en distintos escenarios da cidade até o vindeiro día 24.