Síguenos en redes sociales:

Poio celebra o próximo mércores o "día da Matria" coa entrega de bandeiras diferentes espectáculos

Poio celebra o próximo mércores o "día da Matria" coa entrega de bandeiras diferentes espectáculos

O Concello de Poio festexará o Día de Galicia cunha xornada previa festiva. Será no parque de Ferreirós nun acto que comezará ás 19.30 horas co espectáculo Peter Punk dirixido aos cativos antes do acto institucional no que intervirán a concelleira Marga Caldas, Nini Rivas e o alcalde, Luciano Sobral. Será ás 21.00 horas cando se faga o reparto de bandeiras xusto antes de que a banda De Vacas peche o acto cun concerto a partir das 21 horas.

Pulsa para ver más contenido para ti