Trinta comercios locais asinan o seu compromiso coa lingua galega
A iniciativa e unha campaña da Concellaría de Normalización Lingüística
O Pazo de Mugartegui acolleu a sinatura pública de trinta comercios locais do seu compromiso coa lingua. Tratase dunha iniciativa incluída dentro do programa Proba en Galego, unha campaña da Concellaría de NormalizaciónLingüística para dinamizar o uso do galego na pequena empresa e no comercio locais, un labor contínuo deste departamento dende o ano 2006.
Os obxectivos da campaña Proba en Galego son: Dinamizar o uso do galego como lingua normal de comunicación no comercio e na pequena empresa; implicar as persoas que traballan no sector do comercio e da pequena empresa na mellora do uso do galego coa clientela e coas empresas provedoras; ofrecer espazos de reflexión e traballo para mellorar a calidade da lingua e a seguridade no seu uso no sector; e estimular a clientela falante de galego para que manteña a súa lingua.
Más en Pontevedra
-
El mayor parque urbano tendrá ‘skate park’, paseo japonés, miradores hacia las vías y canal de agua
-
“Si algo es demasiado barato en el comercio electrónico, es probable que sea un fraude”
-
Los colores de la alegría de un artista diferente
-
“El verdadero triunfo para mí es que este proyecto esté en marcha”