Síguenos en redes sociales:

EVARISTO RODRÍGUEZ LÓPEZ- Presidente do Consello das Augardentes Tradicionais

"A sociedade cada vez máis demandará produtos respetuosos co medio, máis naturais"

"Os licores a granel están a facer un gran dano as augardentes tradicionais"

As augardentes e licores son uns dos productos gastronómicos máis coñecidos e reputados de Galicia. Malia todo, son aínda pouco exportados e apenas consumidos entre a poboación máis nova, dous retos que afronta con ánimos renovados o Consello Regulador das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, a única das súas características en España.

—Atribúe a baixa producción en boa medida aos produtores caseiros...

—Os graneles están a facer un gran dano, os produtos feitos na casa son produtos sin ningún tipo de control e que leva o comercio antigo pero que hoxe non se corresponden coa actualidade ni en calidade nin en ningún tipo de control sanitario, como poden ser os produtos amparados na denominación.

—Cantos produtores traballan en Galicia con augardentes e licores tradicionais?

Temos varios rexistros, un de productores de bagazo que é a materia prima dos destilados e estamos sobre 105 ou 110 nestes momentos, aínda que en realidade potencialmente son todas as adegas que elaboran viño; despois en canto a destiladores na actualidade e amparados pola denominación son uns 12 productores e 30 ou 35 embotelladores. O que amparamos, desde oruxo ata licores, son unos 400.000 ou 500.000 litros de produto, que é moi pouco.

—Para as adegas os destilados son un produto de segunda?

—Para as adegas pequenas reportalle pouco se non elabora ela o produto, se non o destila e o comercializa, porque o valor engadido que teñen é pequeño, pero é unha axuda para a súa rendabilidade, xa que é un produto tradicional de dalgún xeito en todas as épocas aportou unha pequena axuda para a súa rendabilidade como empresa. Penso de todos os xeitos que as augardentes é un dos produtos que ten máis fama a nivel do estado como produto galego, de feito estanse facendo imitacións e tratan de recurrir a nomes galegos pola gran tirada comercial que teñen, pero por razóns diversas da nosa situación tanto industrial como da denominación en sí os galegos non conseguimos comercializar todo o potencial que temos, estamos intentando reestructurar a propia denominación e que sexa un aporte cada vez maior para as adegas, destiladores e elaboradores.

—O obxectivo é a conquista do mercado exterior ou novos públicos en Galicia?

—É dar a coñecer os produtos que se están a elaborar, que son máis modernos que os elaborados tradicionalmente, para que poda coñecer estas augardentes que tradicionalmente consumían xentes de maior idade e que queremos achegar aos novos.

—É bostede copropietario de Adega da Cova, unha bodega que ven de presentar un dos primeiros viños ecolóxicos do pais. Como está a ser a acollida?

—A acollida é boa, a experiencia é moi interesante e unha porta aberta cara o futuro, e aínda que non ten moito que ver con este acto nós estamos moi contentos e pensamos que no futuro a sociedade cada vez máis vai demandar produtos máis respetuosos co medio, máis sanos e naturais. E esa é a nosa idea: estar no mundo e facer as cousas cada vez máis adaptadas á sociedade e cun compromiso coa terra e cos viños.

—É especialmente dificultoso facer viños ecolóxicos en Galicia?

—Sí, non é sumamente sinxelo pero as cousas non teñen por que ser sinxelas, hai que asumir o risco e, por outro lado, si Galicia ten inconvintes para esa producción como pode ser o clima por outro lado ten chans especias, variedades que se adaptan moi ben a este clima, creo que ao final é coma en calquer lado aínda que é certo que aquí é máis dificultoso, sobre todo na zona onde nós estamos traballar sin herbicidas, por exemplo.

Pulsa para ver más contenido para ti