Trives canta en galego e baila con pasarrúas

REDACCIÓN

A semana das Letras Galegas comezou na Pobra de Trives por todo o alto co concerto de Luar Na Lubre. Coincidindo coa recente incorporación do concello ao xeodestino Ribeira Sacra, a banda galega de folk que dedicou a este territorio o seu décimo oitavo disco, ofreceu un espectáculo memorable. O programa de actos seguiu onte con moita música, onde houbo pasarrúas da Banda de Gaitas Os Trintas de Trives e os do Fondo da Barra. Durante a tarde houbo un recital moi especial a cargo de rapaces e rapazas da vila.