As películas patrocinadas pola Deputación suman 26 nominacións nos Mestre Mateo

REDACCIÓN

“O home e o can” (4 nominacións), “Live is life” (4) e “Valentina” (2) completan a lista de películas patrocinadas pola Deputación con presenza na gala, que se celebrará o vindeiro 11 de marzo en Ourense

Na categoría de mellor película, tres das catro candidatas son filmes gravados na provincia coa colaboración do goberno provincial ourensán: “O corpo aberto”, “O home e o can” e “Live is life”. As tres longametraxes foron estreadas no Festival de Cine de Ourense O presidente da Deputación, Manuel Baltar, transmite os seus parabéns aos nominados e afirma que estas nominacións, “acdreditan o traballo feito para convertir Ourense nun plató de cine”.