O Concello de Ourense renderalle homenaxe á Xeración Nós hoxe venres –cando se cumpren 100 anos da publicación do primeiro número da revista Nós–, cun acto no que se descubrirá unha placa na memoria de Florentino López Cuevillas. Será no edificio no que viviu e morreu, na Praza do Ferro, cumprindo así a débeda que a cidade tiña co intelectual ourensán. Ao acto asistirán entre outros, a neta do homenaxeado, Margarita Tovar López-Cuevillas.