tRIBUNA LIBRE

O Grove ante a necesidade dun estudo de impacto económico do turismo

Jorge Olleros, hostaleiro no Concello do Grove

Vaia por diante que non se trata de reflexionar sobre a posición que ocupa o sector turístico na localidade grovense. Non me vou meter nesa guerra porque coido que a nosa vila ten moitos sectores con gran potencial e tradición e porque coido que debemos ter unha economia diversificada que evite ter o monocultivo dun sector en concreto. Ademáis, así como o sector turístico xenera moitos beneficios, dos que darei conta mais adiante. Tamén ten algunhas eivas, como son a estacionalidade e a necesária mellora das condicións de prestación do servizo para todos os recursos humáns empregados.

Algúns datos recollidos co fin da tempada turística de 2023 nos invitan a salientar a necesidade dese estudo económico na localidade, pola súa incidencia. Así vemos que en agosto de 2023 o número de persoas afiliadas laboralmente á Seguridade Social no sector servizos no Grove é dos máis salientables da comarca (un sector moi amplo pero onde a actividade turística da localidade ten un gran peso específico; cuarto destino turístico de Galicia en número de camas (Mancomunidade), en torno a 100 establecimientos de restauranción, etc, etc).

En porcentaxe (IGE) os servizos representan o 73,10% do total, frente á pesca 8,9% a industria 5,4% ou a construcción 5,4%. Esto constrasta cos datos dun concello con características, nalgúns casos, relativamente similares como é A Illa no que con moito menor incidencia turística, o seu sector servizos representa o 44,7% e a pesca o 39,5%, e industria o 10,9%. O Grove dobla en poboación a este concello irmán. Ainda máis, un importante nodo comarcal como é Cambados aconta no sector servizos cun 61,11% dos afiliados á S.S., tamén inferior a O Grove. Ou sexa que O Grove ten o que ten, moito ou pouco, grazas, en parte, a ese sector servizos. O Grove supera incluso a unha cidade de importantes servizos como é Vilagarcía que conta cun 71,9% neste mes de referencia. En agosto había traballando nos 53 hoteis do Grove 450 empregados (EPDATA). A esto habería que engadir os empregados no resto de aloxamentos extrahoteleiros, no sector da restauración e a importante oferta complementaria como son os barcos de pasaxe, a infraestructura turística da Toxa o casco urbán e a oferta de San Vicente, o ocio e demáis. O Grove acada en verán prácticamente o pleno emprego, datos que non se dan cando falla o pulmón turístico. Centos de traballadores do resto da comarca e máis aló veñen a traballar a O Grove.

As empresas turísticas do concello colaboran de xeito importante ao pago de impostos. Moitas destas pequenas empresas locais (non son grandes multinacionais) asentan na localidade ás famílias que as xestionan. A sona e imaxe de marca da localidade é moi potente, así a relevancia que acadan en toda España todos os mencionados das guías gastronómicas, a illa da Toxa, a Festa do Marisco ou as praias (A Lanzada e resto de San Vicente) e demáis actividades e profesionais. Creo que esta breve pincelada nos invita a reclamar un estudo sistemático sobre o sector, faltan moitos datos; porcentaxe do PIB na localidade, cómo repercute no resto dos sectores a actividade turística. En Baleares de cada 100€ xerados 48 se dirixen a estes (Impactur, Exceltur), a mellorable redibilidade dos establecementos, ou o uso que fan das infraestructuras turísticas a comunidade local; rotas de sendeirismo, paseos pola praia, balneario e SPAS, miradoiros, museos, comunicacións terrestres, etc.

Quedan moitas cousas por falar, como son a necesidade dun desenrolo sostible da actividade, os efectos da masificación na vida da veciñanza, a necesidade de alongar a tempada turística, a mellora dos complementos das rendas nas datas de pausa de actividade para os traballadores de tempada, bolsas de traballo efectivas neste período e a súa fomación continua, etc. Hai que facelo ben para o futuro, pero sin desmerecer o acadado.

Suscríbete para seguir leyendo