Opinión | Segunda feira
O regreso de Abd el-Krim
Polo ano do seu nacemento, de ser galego faría parte do grupo intelectual que pasou á Historia como Xeración Nós. Pero el, Abd el-Krim, era fillo da montaña bérber. Soñou unha federación das tribos ceibes do Rif e conseguiu levantalas contra o poder colonial. Tralo chamado Desastre de Annual, que humillou Madrid de vez, unha coalición de España con Francia venceu aos bérberes de lingua tamazigh. Abd el-Krim, tras evadirse do cativerio francés, foi morrer no Cairo en 1963, so a protección republicana, laica e neutralista de Nasser.
Moitos mozos da quinta do meu pai sofriron e morreron na Guerra do Rif. Algúns galegos deixaron constancia do acontecemento: Valentín Paz Andrade ou o Ben-Cho-Shei que ideou naquela ocasión o seu pseudónimo. Tamén foi parar ao Rif Rafael Dieste, quen recibiu, estando en filas, cartas do seu amigo Manuel Antonio nas que este o animaba, con argumentación de base ética e patriótica galega, a desertar do exército español e pasarse ao de Abd el-Krim. O grande estudoso de Manuel Antonio que é X.L. Axeitos non ten constancia de que Dieste lle fixese moito caso ao seu amigo poeta. Dieste non voltaría empuñar o Mauser até que, na Guerra Civil, serviu en combate á causa republicana e ao Frente Popular.
"As populacións do Rif conservan hoxe na memoria o líder histórico que morreu sen acatar a lexitimidade do rei de Marrocos"
O sabio lingüista Mohand Tilmatine, de orixe bérber, amósase moi interesado en coñecer o pensamento do nacionalismo galego a respecto do movemento do cal foi cabeza Abd el-Krim. Todo indica que as populacións do Rif conservan hoxe na memoria o líder histórico que morreu sen acatar a lexitimidade do rei de Marrocos e cos principios republicanos en pleno vigor ideolóxico. Está habendo correntes interpretativas que explican o alzamento de Abd el-Krim e a vitoria que obtivo este en Annual (xullo de 1921) coma un acontecemento inaugural dos movementos de liberación nacional que mudaron o mundo na segunda metade do século XX.
Antes da Conferencia de Bandung, antes de Patrice Lumumba e a OSPAAL que irromperon na Guerra Fría, foi a guerra dos bérberes do Rif contra Francia e contra España que encabezara Abd el-Krim. O tamazigh ou bérber fálase (e escríbese con alfabeto propio e antigo) en territorios discontinuos que van de Exipto ao Atlántico. Bérber é a cidade de Melilla onde os gobernos autonómico e central de España non recoñecen a existencia do tamazigh por medo do que poida pensar o rei de Marrocos, que mediatiza a política da zona desde aquel episodio vergoñento que se fixo coñecido como Marcha Verde.
Suscríbete para seguir leyendo
- Rescatan en Vigo a un hombre desaparecido que llevaba 11 días oculto entre rocas en Tombo do Gato
- El empresario detenido por la UCO en Santiago es uno de los tres cabecillas de la red criminal que defraudó 69 millones
- Multa de 10.000 euros y 3 meses sin licencia para el furtivo de los 800 kilos de pulpo
- Hachazo’ en las oposiciones de educación: eliminados en la primera prueba casi el 90% de los aspirantes
- Hosteleros divididos por la actitud de los peregrinos
- Un conductor ebrio atropella al alcalde de Sanxenxo
- El restaurante flotante de Roberto Vilar en Silgar
- El pueblo costero de Galicia donde se come muy bien en primera línea de playa: «El refugio del fin del mundo»