Síguenos en redes sociales:

Verbas para un amigo

Estamos nos derradeiros días doutro ano, e con el vaise outro amigo, outro irmán de loitas.

Pola mediodía fixen miñas as bágoas do teu fillo, fixen miñas as bágoas do meu fillo e as de tantas persoas que choraron a túa perda.

Que cousas contarán meu amigo, cando pase este tempo de dúbidas e medos.

Pode que ninguén conte que foi daqueles personaxes secundarios que somos cada un de nós, pero con humildade facemos que o mundo se mova.

Amigo Paco, somos anónimos sen ouro, sen incienso, sen mirra, estamos solos na intemperie do mundo que cada vez é más cruel e duro.

Ninguén contará meu amigo, que chegamos ata aquí loitando sen descanso, sen estrelas no horizonte.

Aferrados á forza da ilusión, facéndolle un lugar a esperanza que se perdeu nas voltas do camiño.

Como dixo a nosa nai Rosalía, descansa nun leito de follas que caen das árbores no cumio dos Remedios.

Onte unha nova luz iluminou o mar de Tirán, pretiño da pedra do Pegho, esa nos acompañará sempre.

Sempre con nós na túa parroquia, no teu pobo, por todas as batallas que vivimos xuntos.

Ata sempre, amigo Paco.

*Poeta moañés en lembraza ao activista social Francisco Ferreira, falecido este mércores.

Pulsa para ver más contenido para ti