Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

TRIBUNA LIBRE

Nin ao meu peor inimigo

Esta carta vai adicada a todos os que vos tomades a cuarentena a broma e pensades que isto non é para tanto. Nin ao meu peor inimigo lle desexo que viva o que tivemos que vivir no último mes na miña familia. Vivir un mes a distancia dunha nai por seguridade e ter a un pai no hospital pelexando por vivir día a día, illado, e do que só sabíamos como estaba a través dunha chamada diaria do médico da UCI. Vivir pendente do teléfono, incluso collelo pensando que está vibrando ou espertarse de noite soñando que me están chamando. Así un mes completo, ata que chegou a penúltima chamada, na que me din que non hai remedio, un empeoramento sen volta atrás. Nesta chamada ofrécenme a posibilidade de ir ao hospital a despedirme, a estar con meu pai sabendo que é a última vez que o vou ver. Imaxinádevos ese traxecto de ida e volta. Saír da UCI agardando a que será a última chamada, na que me confirmarán a morte. Esa chamada chegou apenas dúas horas despois. Imaxinádevos tamén esa tarde e o día seguinte, seguir falando a distancia con toda a familia, non poder asistir a un velatorio, ir a despedirse ao cemiterio tres persoas. Saír do enterro, ir andando camiño da casa con todos os veciños aplaudindo desde os seús balcóns e xanelas. Non se me ocurre peor forma de pasar este mes.

*Manuel Cores, fillo de Juan Manuel Cores, veciño da Illa falecido por Covid-19.

Compartir el artículo

stats