Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

tRIBUNA LIBRE

A multiplicación das augas sen os peixes

Monte vostede unha empresa, de distribución de auga, por exemplo, poñamos unha UTE. E consiga o monopolio, chamémoslle concesión. O resto é moi fácil. Nin ten que gastar un céntimo en I+D (o que antes se chamaba " vestir o produto " e en terra de mariñeiros chamamos " vender o peixe "). Non, que non se perda nin un pataco : todo para empetar os que viven á nosa conta. Tampouco, para ilustralo vou eu inventar nada : collerei os datos do recibo que me acaba de chegar.

Ía falar da factura, pero para falar con propiedade deberei falar das facturas. Porque non son unha senón que son dúas polo mesmo produto. Empezamos ben.

A primeira factura parte do que eu supoño o meu consumo nos 91 días, e cóbranme 3,04 euros en concepto de " auga ". A continuación cóbranme por " auga fixa " : 9,81? (é dicir, a cantidade anterior multiplicouse tres veces, se antes era 100 agora sería 322). Despois cóbranme por " saneamento " 1,82? (que no concepto seguinte : " saneamento fixo " é 6,00?, un 329). Por riba, aínda está a " depuración " (1,83? que pasan a ser 6,00? no concepto seguinte (" depuración fixa ") que tamén aquí representa o 327.

Sobre os 28,50 euros nos que ao final se converteron aqueles 3,04, teño aínda que pagar o IVE, 2,85 ?, é dicir o 10%. Total da primeira factura : 31,35?.

Pero aínda está a segunda factura. Comeza así : Canon da auga (fixo) 4,62 ?. A este canon séguelle outro (nótese a inventiva, desta vez o segundo canon é " canon variable " e o seu importe 1,16). Aquí a empresa -ou a Xunta, o Estado ou quen mande- ten o detalle xeneroso de non nos cobrar a maiores o IVE. Tampouco nos suministra auga nin labores necesarios como saneamento ou depuración ; non, a factura é só de impostos.

Total (acabando xa co mareo de cifras), que os 3,04 euriños acabaron sendo 37,13. Multiplicaronse por 12,21. Falando en plata : subíu máis dun mil por cento. Empresa de alta rendabilidade.

Ocórrenseme só para rematar (inxenuo de min) algunhas preguntas :

1) A auga, o saneamento e a depuración que non levan adxectivo (que non son " fixos " : seica non son permanentes e daquela non teriamos que pagalos cando non nolos suministran ?

2) O líquido que se nos suministra polos conceptos " auga " e mais " auga fixa " : seica non está depurado e podería representar algún perigo sanitario ? No caso contrario : por que non se factura unificando nun só concepto a auga depurada ?

3) Cantos impostos, cánones e demais inventos semellantes tolera un metro cúbico de auga sen provocar un desprazamento ou maremoto ?

Agora que tanto se fala de educar para o consumo con responsabilidade, sería ben que se fosen coñecendo as responsabilidades de cadaquén.

Non é ?

(*)Veciño de Cangas

Compartir el artículo

stats