Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

NA LATITUDE DO DEZA

A trituradora de pneumáticos, ¿contamina ou non contamina?

Desde determinados contextos estase a difundir a idea infundada e irreal de que a trituradora de pneumáticos, que pretenden ubicar no polígono de Botos, é unha industria non contaminante, unha industria limpa que contribúe á mellora da situación medio ambiental de Galicia

Algúns técnicos cando se refiren ao proceso industrial de trituación de pneumáticos "en frío", empregando a electricidade como fonte de enerxía, para os muiños, as cintas transportadoras e os ciclóns mecánicos, afirman que ao non producirse combustións con emisións de fumes (gases), non hai contaminación de ningunha clase. Reafirman que nunha industria desas características tómanse todas as medidas e precaucións posibles, porque se trata de industrias que tentan protexer ao medio ambiente.

En resumidas contas, postulan que unha "planta de trituración de pneumáticos" non debe recibir ese nome tan despectivo, que lle queren poñer os que están en contra, senon que se debería chamar "planta de reciclado de pneumáticos". Segundo o seu criterio producen un impacto acústico baixo, porque traballan con motores eléctricos silenciosos; non empregan auga e, polo tanto, non hai emisións líquidas; non supoñen risco grave de incendio porque apilan, en compartimentos separados, formando montóns de pouca altur; o tránsito de camións, con entradas e saídas, non supón perigo porque circulan a velocidade moderada; non hai lixiviados, porque non se expoñen os pneumáticos á intemperie, etc.

En canto ás emisións de po serían moi baixas, pero coa instalación dun filtro de descontaminación, que se esixe no "Informe de Impacto Ambiental" (IIA) da Consellería de Medio Ambiente, ese problema desaparece por completo. En resumidas contas, a trituradora de pneumáticos que pretenden istalar no polígono de Botos é unha industria limpa e todas esas ideas fantasmagóricas acerca da súa perigosidade son un auténtico "bulo" creado, artificiosamente, desde as redes sociais por inventores disparatados.

Fronte a todas estas ideas, que sosteñen os defensores da industria da trituración, estamos os que pensamos o contrario e, por iso, antes de concederlle autorización de instalación deberá medirse todo moi ben. Os veciños afectados non son unha hipótese ficticia.

Por todo iso, se parten da idea de que a trituradora non contamina, non ocasiona molestias, nin ruidos, é fácil concluir que se pode instalar en calquera lugar, incluso ao lado dunha poboacion ou case dentro dela. Por exemplo, aquí mesmo en Lalín, poderíanse aproveitar instalacións abandonadas no Rodo, como a fábrica de Florentino, que se revalorizaría, para situar alí, ao lado da circunvalación, esa modélica industria de reciclaxe. Sería unha actuación moi consecuente con esa forma de pensar, porque estaría nun lugar central, ben comunicada, con servizos diversos ao lado, evitaría moitos transportes innecesarios, etc.. e como non precisa auga, sería moi fácil ubicala aí, ao lado do Monte García. Sería unha industria urbana exemplar ao lado da poboación de Lalín e fariaselle un gran favor aos incomprendidos veciños de Botos, Soutolongo, Doade, Vilanova e Sampaio.

Sería un gran experimento que serviría para entender o pensamento da nosa sociedade: "mandémoslle aos demáis o que non queremos nós", "o que é bo para mín non cho mando a tí", etc...

Compartir el artículo

stats