Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Gerardo Fernández Albor, o noso presidente

Corría o mes de xuño de 1982 cando o director xeral do gabinete do presidente, Gonzalo Anaya, prematuramente finado, entrevistábase comigo para ofrecerme a responsabilidade de traballar como asesor do presidente da Xunta. Desde ese ano ata a data de hoxe medrou o meu afecto cara a Gerardo Fernández Albor e cara a súa viúva, Asunción Baltar e, tamén, cara a súa familia. Un home bó, xeneroso e profundamente galego. Os seus adversarios, cecáis por esas características consideraban que non era apto para o exercicio diario da política, entendendo esta como a capacidade para enredar e facer difícil o fácil.

Cuán errados estaban!

Albor, acostumado a tratar no Policlínico La Rosaleda a todo tipo de personas que ían consultarlle problemas serios referidos a saúde e onde tiña que decidir en moitas ocasións si operaba ou non; é decir si salvaba a un ser humano ou non, estaba especialmente dotado para escoitar, para alentar, para calmar e para apoiar ao doente en trances tan duros. Esta experiencia a trasladou, non somentes ao exercicio da política; senón tamén a cada momento da súa vida.

O diálogo permanente con tódolas forzas políticas con representación parlamentaria estaba na súa axenda e, isto desgraciadamente era considerado por algúns como un signo de feblez. Eran momentos nos que se estaba a construir o estado das autonomías e Galicia non partía do mesmo compromiso con que o facían Cataluña ou o País Vasco xa que o sufraxio para aprobación do noso estatuto de autonomía non acadou os resultados que se agardaban.

Coñecedor desta eiva, Fernández Albor, adicouse a visitar cada recuncho de Galicia onde podería falar con todos aqueles que o quixesen escoitar. Usou o seu despacho para o mesmo labor. Tratábase de "apostolar", de falar da boa nova, de que podíamos gobernarnos a nós mesmos sin ter que estar sempre pendentes de Madrid, discurso que, por outra parte, non agradaba moito na Alianza Popular daquela, onde Manuel Fraga imperaba. Para Albor gobernar Galicia era estar cun pe no mundo o que lle empurrou a visitar todos aqueles paíse onde emigraramos.

Foi querido e admirado polo seu pobo e exerciu como o noso presidente ata prácticamente o día da súa morte

A el débeselle a estructura actual da autonomía galega, tal e como a entendemos hoxe.

Sirveu ao seu país máis aló do que se lle esixiu e este o respectou na súa longa e aproveitada vida.

Onte recibiu sepultura en Boisaca e alí puiden ver ao presidente da Xunta, xunto co seu exvicepresidente e logo, presidente do goberno da nación, Mariano Rajoy, ademáis doutras personalidades, entre quen puiden contar a Camilo Nogueira, ese deputado traballador e adversario férreo que se achegou para darlle o seu derradeiro adeus. Só aqueles que son conscentes do que defenden recoñecen o valor dos que teñen enfrente.

Descansa en paz e moitas grazas por todo, presidente.

Compartir el artículo

stats