Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

tRIBUNA LIBRE

Reclamación surrealista

O pasado 11 de abril acudín coa miña filla á consulta de Psiquiatría do Centro de Saúde de Lalín. As tres longas horas de espera (tiñamos vez para as 10.15 e chamáronnos ás 13.15) non foron nada comparado co trato que recibimos na consulta, cunha especialista que tratou dunha forma tan brusca á paciente -con discapacidade intelectual- que fixo que ésta tratara incluso de escapar ata en dúas ocasións. Tal situación motivou -faltaría máis- que ese mesmo día presentara unha reclamación ante o Sergas na que se recollían detalles dunha atención que non foi para nada correcta.

Pero aínda quedaban máis sorpresas desagradables. Pouco despois, ao solicitar unha nova cita de Psiquiatría vexo con estupor que me volven a dar cita coa mesma doutora. A resposta foi, se cabe, tan surrealista como o mal momento que nos fixeron pasar. Porque resulta que na reclamación interposta non solicitamos cambio de médico.

Ante tal situación só cabe preguntarse: De qué serve presentar unha reclamación? Acaso a exposición dos feitos detallados na reclamación non son o suficientemente graves como para entender que esta paciente non pode nin debe acudir á mesma consulta?

Aos que por desgracia a vida nos obrigou a convivir cunha enfermidade deste tipo xa temos bastante cruz como para ter que tolerar situacións semellantes. Se confiamos -porque non nos queda outra- nos profesionais da medicina, no noso Sistema Sanitario, merecemos un trato mellor. E se no noso dereito está queixarnos, no seu deber enténdese que figura atender as reclamacións.

*Familiar dunha usuaria da consulta de Psiquiatría do Centro de Saúde de Lalín

Compartir el artículo

stats