Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Morreu meu amigo Balbino

"Eu teño un amigo,

amigo sincero,

amigo que quero

que fale comigo."

(19 de Xaneiro 2014)

Morreu meu amigo Balbino,

din que era un grande escritor,

pra min morreu un amigo

home de pluma e honor!

"En Cuba sempre camiñan

xuntos poesía e combate",

escribiches grande amigo

dun cubano humilde vate.

Ti que fuches unha estrela

alumeando no universo

e fuches tan xeneroso

falando de humilde verso.

Graciñas reciba o ceo

por ter sido o teu amigo

non importa se falaches

ou non falaches comigo.

Trinta e un anos en Cuba,

casado cunha cubana,

xa tamén eras cubano

desta terra soberana!

Co teu Sóngoro Cosongo

de teu amigo Nicolás

despídoche amigo, irmán,

que descanses sempre en paz.

Galiza perdeu un fillo,

Cuba perdeu un irmán,

coa terra de Rosalía

sempre unidos nos verán.

Onde queira que ti esteas

recibe aperta no altor

grande amigo Neira Vilas

dun poeta e loitador!

*Poeta galego-cubano

Compartir el artículo

stats