Síguenos en redes sociales:

De Cans ao ceo

En Cans hai signos paradigmáticos da galeguidade rural: as casas grandes, o ladrillo presente nas paredes sen tomar do cuberto de Chelo, a horta coa verdura e vivendas ergueitas compartindo o lugar, pillas de leña... Mesturado con ese encanto auténtico da casa de labor, a piscina, o pequeno estanque decorativo e o granito do magnífico chalet que domina dende a súa atalaia toda a freguesía. No baixo de Carlos outro tanto agás as cadeiras. no canto de táboas sobre caixas de cascos, para olla-las curtametraxes. Isto último, se ben conculca os signos de identidade do festival convértenos en espectadores xa de por si hóspedes agasallados. Puidemos apalpar á admiración de asistentes, quizais alleos ó campo, ante a prosperidade da veciñanza. É a Galicia que se gaba dos froitos da suor, tan excesiva no tamaño como no esforzo, moi semellante no falar, a Portugal, (asunto pra o que ignoramos a raia), e tan distinta na hora de soña-la morada, cando se converte o Miño nunha barreira infranqueable. A identidade é cousa de non procurar e simplemente expresar. A parroquia porriñesa exprésase tradicionalmente, tanto no estilo de vida como na opinión política e a laña é nomeadamente xeracional en ámbolos aspectos. As persoas maiores, xeralmente conservadores, non dubidan en arrima-lo ombreiro cando se trata dunha iniciativa tan insólita e existosa como esta, e mesmo así hai moita xente no Porriño e fóra, lastrada polos prexuizos que os paisanos de Cans descargaron hai moito. É algo tan evidente nas parolas espontáneas dos chimpineiros cos visitantes, dos músicos do torreiro e as homenaxes anuais á octoxenaria Alicia (dona do recinto dos principais e da leira-coloquio) os nenos ciceróns, as familias que acoden con fillos pequenos... Este aspecto da festa non é ficción aínda que tamén sexa de cine.

Pulsa para ver más contenido para ti