Este domingo 12 de xuño a partir das 18:00, o C.C.A.R. de Valadares acollerá as actuacións de 4 agrupacións tradicionais viguesas.

Volve un ano máis o Encontro Folclórico. O ciclo que reúne a varias agrupacións tradicionais da cidade entre xuño e octubre, celebra este ano a súa XVIII edición.

“Unha celebración da cultura galega”, esta é máxima que mantén a base deste festival. Proba de elo é o apoio da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais que, unha vez máis, organiza este evento no que participan 14 bandas tradicionais procedentes de varias parroquias viguesas a 5 escenarios diferentes. Trátase dunha maneira de achegar as actuacións aos centros culturais e que todo o mundo poda desfrutar da música e da súa tradición.

12 de xuño – C.C.A.R. de Valadares

Corisco

Sons das Ferriñas

O Fiadeiro

Ledicias – Amieiras de Valadares