Compañía: Olivas Negras

Xénero: teatro comedia

Autoría e dirección: Marián Bañobre

Axudante de dirección: Laura Porto

Escenografía e deseño de iluminación: Beatriz de Vega

Deseño de son: Laura Porto

Deseño de vestiario: Eva Martínez e Cecilia Vázquez

Música: VV.AA.

Coreografía: Sonsoles Cordón e Cecilia Vázquez

Elenco artístico: Sonsoles Cordón e Cecilia Vázquez

Chegan as próximas badaladas de fin de ano.

Atopámonos ante un espello no que mirarse, cuestionarse, quererse… Dúas actrices en escena, dúas mulleres nas que reflectirse a través das súas

fraquezas e virtudes. Un mosaico de complicidades a través do tempo… e algún que outro conflito tamén.

Unha historia de autosuperación e empoderamento feminino. Un espectáculo sorprendente e honesto en clave cómica - subversiva, no que o espectador

terá tamén ocasión de observarse e viaxar con elas na procura duns soños tan anhelados como a última oliva que queda no prato.