Mago Teto

Xénero: maxia

Autoría: Héctor Guerra

Dirección: Jose Prieto

Escenografía e vestiario: Mago Teto

Deseño de son: Granero Vídeo e Javier Adan Ayude

Deseño de iluminación: Javier Adan Ayude

Música: Andrés Álvarez e Banda de Música de Silleda

Coreografía: Xiana Vilas

Elenco artístico: Mago Teto, María Roja e Lupe Carballo

Ultreia é un espectáculo multidisciplicar no que se combina a maxia, a música e a danza.

Percorrendo un camiño máxico que simboliza todos os camiños exteriores e interiores do ser humano, o Mago Teto fará unha viaxe a través de aparicións, desaparicións, casas encantadas, predicións, levitacións, transformacións e moitos máis efectos máxicos que transportarán ao público a unha realidade onde todo é posible menos perder a ilusión.

Neste traxecto Teto viaxará con dous bailarinas que o acompañarán en todas as súas aventuras e desventuras, e contará en todo momento coa axuda imprescindible da música, composta especialmente para este espectáculo por Andrés Álvarez, a banda sonora perfecta para que o mago chegue con éxito ao final do seu camiño.