Souvenir
Ficha artística e técnica:
Dirección, dramaturxia e interpretación: David Alonso e María de las Llanderas
Deseño de iluminación e escenografía: Violeta Martínez
Deseño e confección de vestiario: Carmen Triñanes e Daniela Rodas
Espazo sonoro: David Alonso
Asesoría de movemento: Olga Cameselle
Deseño gráfico: María de las Llanderas
Deseño logotipo Souvenir: Laura Merchan
Fotografía e vídeo: Iria Casal
Construción de escenografía: Daniel Rodríguez
Produción: Sabela Ramos
Distribución: Mar Alonso
Asesoría de comunicación: The Office Comunicación
Dirección técnica en xira: Violeta Martínez
Técnico de son e audiovisuais: Sol Álvarez
Co apoio da AGADIC e coa colaboración de ACT Galicia.
David e María vestidas para ir de vacacións, preséntannos o
espectáculo que imos ver.
Non é unha canción, pero é algo parecido. Algo pasa entre elas, pero non é posible entender o que. Non é pasalo ben, nin pasalo mal, pero é algo parecido. Algo raro lle sucede ao espazo ou está o espazo a facer algo raro con David e María? Non é un espectáculo, pero é algo parecido.
Souvenir é unha compañía galega de teatro contemporáneo e artes do movemento dirixida por David Alonso e María de las Llanderas.
A súa primeira peza O que é o raio nin maldita idea foi premiada no V Festival Pezas dun Teatro do Porvir, Galiza + Portugal (2022) organizado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). En xaneiro de 2024 estrean no Teatro Rosalía Castro da Coruña o seu novo espectáculo Non é unha canción producido co apoio da AGADIC. Neste traballo, Souvenir explora o universo do
turismo de masas e a intelixencia artificial a través do seu particular humor acedo e absurdo.
Souvenir é un espazo de encontro e de experimentación lúdica. Interésanos aquilo que está fóra do entendemento racional e da lóxica psicolóxica. A intuición, o azar, as artes do movemento e a súa combinación coa palabra son algúns dos eixos que vertebran o noso traballo. Procuramos unha forma de estar no mundo improdutiva, inútil e festiva. Tamén nos encanta recoller estímulos accidentais da rúa, aos que chamamos souvenires, e que son a materia prima das nosas pezas.