Un príncipe moi feo e moi listo, cun copete de pelo na cabeza: Riquete el del Copete. Unha princesa moi fea e moi lista. Outra princesa moi guapa e moi parva. Riquete namora dunha delas. Que pasará coa guapa? Que pasará coa fea? E se non estamos moi de acordo co final do conto de Charles Perrault... Poderemos cambialo? Unha revisión do clásico de Charles Perrault adaptada ao século XXI.

Xénero: teatro comedia Autoría: Laura Iglesia San Martín (a partir do conto de Charles Perrault) Dirección, adaptación e deseño de son: Laura Iglesia San Martín Escenografía: Rodolfo Antolín Deseño de iluminación: Carlos Dávila González Vestiario: Higiénico Papel Teatro Música: Rafael Krux Elenco artístico: Felix Corcuera, Carlos Dávila e Patricia Rodríguez/Laura Iglesia