Temos a nova sesión de Filmoteca do mes; nesta ocasión proxectamos a última colleita de curtametraxes de Alber Ponte, que ademais, virá a presentar e a falar con vós. A cita é ás 20h, no Auditorio Municipal do Concello, na praza do Rei. A entrada é libre até completar o aforamento.