Idades recomendada: + 12 anos

Duración: 60 min

Entradas para "SALVADOR – CÍA. BORJA FERNÁNDEZ" o Venres 12 e Sábado 13 e Domingo 14 de Marzo na sala Ártika de Vigo.

SALVADOR é un proxecto escénico da Cía. Borja Fernández para un actor/músico (Borja Fernández) e unha video jockey/ manipuladora de obxectos (Laura Iturralde), sobre os movementos migratorios, as desaparicións e os encontros.

SALVADOR está a metade de camiño entre o documental e a ficción teatral, e céntrase na figura dos avós, concretamente nos avós galegos emigrados a mediados do século pasado a Suramérica, e específicamente na misteriosa figura de Benito Fernandez Meirinho, avó de Borja Fernández, e no seu o impacto na historia recente, na configuración das comunidades, familias e individuos contemporáneos.

SALVADOR foi un dos 5 proxectos escollidos por Iberscena en España para o seu programa de residencias de creación dramatúrxica no extranxeiro. A peza esta tamén apoiada polo Grupo Chévere (A Berberecheira, colec`vo de teatro - documento), Centro Dramá`co Galego, Teatro Ensalle e Espaço Luna Lunera (Belo Horizonte, Brasil).

Salvador está a metade de camiño entre o documental e a ficción teatral, con especial énfases na combinación de texto, movemento, música en directo, e novas tecnoloxías.