Recinto Feiral é un edificio anexo ao Pazo da Cultura, construído polo arquitecto Manuel Casas e inaugurado en decembro do 98. Ten unha lonxitude de 163 metros, 34,4 metros de ancho e 15,2 de altura. Conta con unha área expositiva de 7.500 metros cadrados totalmente cuberta e preparada para acoller todo tipo de feiras e mostras, xunto cunha zona de acreditación para congresos no vestíbulo de acceso. Así mesmo, o estar unido ao Pazo da Cultura, permite unha grande versatilidade na utilización conxunta de tódas as súas dependencias, de xeito que os servizos de restaurante, cafetaría e terraza son de uso común. O edificio ten forma de tetraedro e é de aceiro con cerramentos de aluminio e cristaleiras, conta cunha superficie total de 6000 metros cadrados aproximadamente. Está rodeado dun aparcadoiro con capacidade para 230 vehículos e un enorme espazo aberto lastrado que permite albergar mostras, feiras e concertos ao aire libre.