"O Mapa", representa a sexta edición da Bienal do Coiro que a EMAO organiza desde o ano 2013, consolidándose como referencia obrigada neste ámbito da artesanía. A cada edición déuselle un enfoque singular que fixera visibles as propiedades artísticas e funcionais do coiro.

Nesta edición, trabállase a idea da elaboración dun mapa no que os puntos de interese relacionados co coiro sexan as referencias xeográficas que nos poidan axudar a establecer un roteiro cos puntos "coiristicamente" máis representativos. Con esta exposición quérese comezar debuxando ese mapa por capas, establecendo un roteiro que una ás Escolas nas que se ensina a traballar o coiro mantendo vivo o oficio, á vez que outro roteiro una aos Museos, específicos ou cunha importancia relevante do coiro. Así, nesta exposición, únense Madrid, Igualada, Burgos, Vic, Pontevedra, Córdoba, Ubrique, Monforte de Lemos, Allariz, Silleda e Vigo, que é a orixe e destino desta viaxe no Coiro. O alumnado da Escola (actual e pasado) terá o seu protagonismo, achegando exemplos de traballos realizados. En paralelo, desenvolveranse actividades (másterclass, visitas, conferencias ...) que complementan o programa da Exposición.

Mentres as Escolas e os Museos sigan mantendo o seu esforzo na conservación e promoción do Coiro e os seus oficios, o traballo de moitos artesáns, que durante séculos ennobreceu este material, seguirá vivo ...

Nome: O Mapa

Lugar: Espazo EMAO. Sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. (Entrada polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro)

Comisariado: Pepe Pereira, mestre de Artesanía en Coiro da EMAO.

Cartaz: Alba Pardo Cartelle

Produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Axudante de montaxe: Eduardo Sánchez Arteaga