LIBROS PARA SOÑAR (rúa Triunfo, 1) retransmitirá este venres, a
partir das 18:00 horas e a través das súas canles en Facebook e mais
Instagram, unha nova sesión virtual de contacontos coa narradora Bea
Campos e co músico Manuel Pombal. Dirixida a nenas e nenos a partir de
seis anos e ás familias, o fío condutor das historias será o Nadal.
Ademais das actividades en liña, a libraría infantil e xuvenil do
Casco Vello vigués continúa realizando encontros presenciais: este
sábado organiza unha presentación para público adulto -docentes,
mediadores - do libro musical "O Bolero de Ravel", con dúas quendas
ás 11:30 e ás 12:30 horas.