A Fundación Laxeiro inaugura o vindeiro 30 de xuño a exposición titulada Laxeiro descoñecido II. Obras inéditas de segunda época, formada por unha escolma vinte e catro pinturas e debuxos catalogados despois da publicación do Catálogo Universal en 2009, todos eles datados entre os anos cincuenta e noventa. Este proxecto é a segunda achega da serie Laxeiro descoñecido coa que a Fundación Laxeiro quere mostrar unha pequena parte do traballo de investigación co que leva catalogadas unhas catro mil referencias dende o ano 2000. Estas dúas exposicións enmárcanse dentro das actividades programadas pola Fundación Laxeiro con motivo do Ano Laxeiro, acordado pola Real Academia Galega de Belas Artes.

11.00h. Presentación aos medios de comunicación

Intervirán

Javier Pérez Buján

Comisario da exposición

Director Artístico da Fundación Laxeiro

Abel Caballero

Presidente da Fundación Laxeiro

Alcalde de Vigo

18.00-21.00h. Apertura da exposición ao público

A exposición poderá visitarse ata o 2 de outubro.