Despois de tantos adiamentos por fin temos nova data !

O grupo de música tradicional Korrontzi (País Vasco, 2004) foi formado por Agus

Barandiarán, trikitilari da banda ( Trikitixa: acordeón diatónico vasco). O seu propósito era dar aos sons ancestrais e tradicionais da música folk do País Vasco un aspecto contemporáneo, pero sempre dentro do ámbito dunha música baseada na trikitixa e outros instrumentos étnicos como txalaparta ou alboka, todo isto tamén acompañado de moderna técnica, coa axuda e a unión dos instrumentos máis modernos, mandolina, guitarra, baixo, contrabaixo eléctrico e percusións.

Korrontzi leva dez álbums individuais publicados ao longo dos seus dieciseis anos nos escenarios, o último publicado en novembro de 2020. Durante estes anos, Korrontzi viaxou coa súa cultura, lingua, danza e música por todo o mundo, visitando así diferentes países e festivais como EEUU, Romanía, Cabo Verde, Irlanda, Brasil, Malaisia, Grecia, Italia, Portugal… E foron galardoados con premios e mencións como os “World Music Charts” en 2014, 2015, 2016 e 2020, ou “Mellor Banda Europea, Eurofolk”. Resumindo, Korrontzi é un grupo de música vasca que non deixa indiferente a ninguén, coa súa forza e enerxía é capaz de transmitir desde os sons de épocas antigas ás novas tendencias en folk.