O II Encontro de Viños da Raia celebrarase o sábado 8 e o domingo 9 de abril na praza da Inmaculada coa participación dunha decena de adegas, postos de petiscos e actividades paralelas.

Participan a Adega Corisca, de Tui; Adega do Vimbio, de Tomiño; Adega Edmun do Val, de Valença; Sergio Álvarez, do Rosal; Lagar Pedregales, de Tomiño; Adega do Ricón, de Arbo; Adega Pateira, do Rosal; Márcio Lopes, de Melgaço e Adega María Bargiela, de Salvaterra de Miño. Poderanse degustar os seus viños, a partir de 2,50€ a copa, acompañados pola oferta gastronómica de distintos postos de comida que ofrecerán petiscos coma xamón, queixo, patés, empanadillas…

Domingo, 9 de abril

Ás 12.00 h Apertura dos postos de degustación.

Ás 12.00 h Showcooking a cargo de Rafa Centeno, Estrella Michelin do restaurante Maruja Limón. No interior do edificio na Praza da Inmaculada. Capacidade 50 persoas. Entrada gratuíta previa inscrición na Oficina de Turismo.

Ás 19.00 h Cata comentada polo sumiller Adrián Guerra. No interior do edificio na Praza da Inmaculada. Capacidade 50 persoas. Entrada gratuíta previa inscrición na Oficina de Turismo.

Ás 22.00 h Peche do II Encontro de Viños da Raia.