A Fundación Carlos

Casares, dentro do marco de actividades culturais que desenvolve no Concello de Vigo, abre a exposición "Galicia escandinava. O Camiño do Oeste a Santiago de Compostela".

A mostra poderá visitarse do 4 ao 24 de novembro na sala de

exposicións da Delegación Territorial da Xunta en Vigo (Concepción Arenal 8, baixo) e está destinada a todos os públicos. A exposición formou parte do programa O teu Xacobeo, da Xunta de Galicia, que percorreu xa os concellos de Carral, Catoira, Nigrán, Ourense e Xinzo de Limia.

A EXPOSICIÓN

O eixe central da mostra é a relación dos Países Escandinavos: Suecia,

Noruega, Dinamarca, e os seus antigos territorios (Islandia, Illas Feroé e Orcadas), con Galicia a través Camiño de Santiago. Explica a historia e o desenvolvemento das rutas xacobeas que cara a Compostela e amosa os fitos senlleiros do seu devir, dos puntos emblemáticos da súa xeografía, urdime de pasado e presente, e do seu patrimonio material e inmaterial. Tamén quere render unha sentida homenaxe á vida e obra dos hispanistas nórdicos que alumearon o universo xacobeo e a forxa da unidade cultural europea. A exposición bota as súas raíces nos traballos do

medievalista Vicente Almazán (1924-2006), e no seu amor por Galicia. Na web da mostra poden consultarse os textos da exposición, ademais de en galego, en castelán e en inglés con posibilidade de escoitalos mediante lectura automatizada.