"Emociones" é un proxecto enfocado á saúde mental, especialmente á ansiedade e trastornos mentais. Parte de experiencias propias da artista ademais de outras moi comúns na xuventude post-pandemia. Se busca unha reflexión en torno ao crecente de casos de ansiedade e suicidios durante e despois da Covid-19, outorgando máis relevancia á importancia do benestar emocional e mental da sociedade.

Mediante autorretratos Eva Comesaña busca expresar a loita contra un mesmo durante a depresión e ideas suicidas, así como o profundo baleiro emocional e crise existencial. O doloroso que resulta sentir soidade e desamparo por parte de familiares ou coñecidos. Se ten moi en conta o amor propio e a valoración de un mesmo, a normalización da pel e os diferentes tipos de corpos.

Ademais cobra importancia o collage mediante recortes de revistas e incluso obxectos atopados, sobre todo hai moitas referencias de diferentes mangas como "Homunculus" de Hideo Yamamoto, cuxo xénero sicolóxico representa á perfección a tolemia e obsesión polos bens materiais. "Jisatsu Sakuru" de Usumaru Furuya amosa unha realidade moi escura e fiel acerca da fraxilidade na adolescencia, ao igual que o título "LIFE" de Keiko Suenobu.

Estes collages conteñen estas referencias en torno á mente, ademais de moitos autorretratos xa que a obra en si no deixa de ser un autorretrato da propia artista.

A exposición estará aberta ao público de luns a domingo de 10H a 22H, con entrada de balde dende o 18 de novembro ao 18 de decembro na Sala de exposicións do C.S.C.R. de Beade.