Esther Medraño González (Vigo, 1982). a súa profesión como mestra de Educación Especial e especialista en Trastornos do Espectro do Autismo fai que entenda as imaxes como o medio comunicativo máis universal e emprende en 2015 a súa formación en fotografía na escola Zona 5 para dar un paso máis na creación e expresión desa linguaxe propia. Colabora con Olga Lalín nunha proposta artística Fotopoemas e xunto a Paula Verde en exposicións fotográficas para concienciar sobre ó autismo.

Anexo:

Para escapar

do fume

da escuridade e o ruído

viaxo polas ondas imaxinarias

dun mar lonxano.

Esguedello

a liña da costa

dentro de min,

o meu corazón

late ao ritmo da marea.

Os restos do naufraxio

de hoxe

desaparecerán

baixo a escuma.

Maresía