Idades recomendadas: + 14 anos

Duración: 65 min

Como mestres dunha cerimonia, tres intérpretes convidan ao público a atoparse cos momentos vitais de Miguel Hernández: infancia, adolescencia, primeiros amores, chegada a Madrid, emoción ante a creación, República, guerra, prisión. Os versos de Miguel Hernández e unha representativa banda sonora compoñen a dramaturxia de A. Iglesias, que mostra o percorrido vital dunha xeración de novos artistas nunha época de ansiosas transformacións. Os intérpretes danzan, soñan, sofren, rin, loitan, namóranse…, creando coa súa voz e movemento unha coreografía de emocións en estreita relación co público.