Xa tiñamos ganas de ver algún concerto no Liceo, e temos a sorte de contar o próximo venres 25 con Corbi para lembrarnos de como era todo iso!

No xardín, en acústico, e con toda a seguridade do mundo para non ter sorpresas, Corbi volta connosco, coa súa guitarra e a súa mística, coas súas historias cotiás e a súa profundidade.

Nos círculos do Liceo ben sabemos que os concertos de Corbi son datas para atesorar, pois imaxínate agora!

Se ti, coma nós, non queres perderte este evento, podes facer unha reserva no seguinte mail:

anticipadas.liceomutante@gmail.com

Pola doazón habitual de entre 5€ e 10€ (abonados en porta o mesmo día) que van íntegros ao artista, para axudarlle no seu!

Abrimos portas ás 20h30!!