Moda e confección / Serigrafía artística: "Estampa a túa bolsa". De 17.00h a 20.00h.

No taller de Serigrafía coñeceranse os procesos de estampaxe e farase unha práctica sobre téxtil, que logo se coserá a máquina no taller de Moda e confección, co que os asistentes levarán unha bolsa estampada e cosida por eles mesmos.

Debuxo artístico / Pintura: "A plein air". De 16.00h a 20.00h.

Invitación para debuxar ou pintar polos arredores da EMAO. "A plein air" (Pintura ao aire libre) pretende dar a coñecer o traballo dos talleres da EMAO traspasando os muros da Escola. Sen requirir coñecementos previos, desenvolverase unha actividade lúdica na que o participante teña a experiencia de debuxar ou pintar "A plein air".