55 poemarios e 23 traballos xornalísticos optan aos Premios Johan Carballeira de Bueu
Os gañadores daranse a coñecer entre finais de abril e principios de maio
Case 80 traballos aspiran a una nova edición dos Premios Johan Carballeira de poesía e xornalismo que convoca o Concello de Bueu. O prazo de presentación vén de rematar hai uns días e finalmente contabilízanse 55 poemarios y 23 textos xornalísticos, presentados en formato papel como dixital.
Agora a Concellería de Cultura traballa na composición dos xurados que deberán valorar os traballos presentados. A previsión é que os fallos se podan dar a coñecer entre finais do mes de abril e principios de maio.
Precisamente o vindeiro 19 de febreiro, coincidindo coa programación de actos ao redor do Día de Rosalía, vaise presentar oficialmente o poemario “831-urb”, que gañou o premio de poesía en 2023 e será publicado por Edicións Xerais. Será na sala multiusos do Centro Social do Mar e estará presente o seu autor, Manuel López. No apartado de xornalismo, o gañador do ano pasado foi Héctor Pena coa reportaxe “Historia inacabada do deporte galego”.
Temas
Más en Morrazo
-
La Mostra de Cangas más "cósmica e inclusiva" celebra su 41ª edición con 11 días de teatro
-
Últimas noticias de O Morrazo, de Cangas, Moaña y Bueu, hoy en directo
-
Últimas noticias hoy en directo de O Morrazo
-
La ambulancia de Moaña aparece saboteada con ruedas pinchadas y se reaviva el conflicto laboral