Tribuna Libre

Grazas Luis, grazas “presi”

Héctor Otero*

Este pasado xoves 11 de maio, no Salón de Plenos do noso concello, celebrábase unha Asemblea Extraordinaria do Alondras CF. Non era unha asemblea normal, era unha cita diferente as acontecidas durante estes últimos 27 anos.

Luís Guimerans, o noso presidente, anunciaba que deixaba o seu cargo por motivos laborais e polo cansazo de levar no cargo máis de 9.900 días na presidencia, 27 anos ininterrompidos.

Non son persoa amante de adular nin facer mencións especiais, pero neste caso, o perfil de Luís ben o merece.

A súa boa xestión a fronte do noso club está fóra de toda dúbida, un cargo que poucas gratificacións e boas palabras leva consigo, e mais nunha vila coma nosa, donde a critica prevalece ante o aplauso.

Serían innumerables os fitos levados a cabo durante a súa presidencia, pero como socio quédome coa máis importante: a supervivencia dun emblema como é o Alondras CF, un dos equipos modestos de fútbol galego, cunha historia e soleira que baixo a presidencia de Luís Guimerans non fixo máis que acrecentarse.

Iso unido o feito de traballar arreo na formación deportiva e persoal de milleiros de cativos da nosa vila. Os fitos deportivos están hai para ser analizados co tempo,seis promocións de ascenso, xogar na división de honra o equipo xuvenil durante varias tempadas, e así un longo etcétera.

As melloras no campo Morrazo, coa instalación e mellora do terreo de xogo, conxuntamente coa construcción dunha nova grada, así como a mellora xeral en todas as instancias do club son feitos levados a cabo grazas ao seu empeño e ao seu traballo. Podo dar fe do que escribo, porque cóbado con cóbado, e moi humildemente, puidemos facer realidade algúns destes feitos.

Grazas por todo Luís, o tempo vai valorar os teus anos no cargo do noso Alondras como se merece. Un club que collechis case en fase terminal e que o deixas saneado e cunha estructura moderna e exemplar, que de seguro o próximo presidente vai ser quen de aproveitar esa bendita herdanza.

Sen máis, agradecerche como socio e amigo, todo o teu traballo, todo o teu tempo dedicado a coidar, a xestionar e facer cada día mais grande o noso Alondras C.F.

Moitas Grazas Presi POR TODO, hoxe xa formas parte da grande historia do noso club e da nosa vila. GRAZAS.

*Socio do Alondras e veciño de Cangas

Suscríbete para seguir leyendo