A Maruxa

Cos meus amigos Quique e Breixo Harguindey

Xavier Gallego Souto

Iremos ao Carrasco

cando veñas co vento Norte

a darnos un abrazo.

Baixaremos a San Roque

a mirar a túa estrela

brillar pola noite.

E seguiremos pra o Hío,

o Facho en Donón,

cando veñas coa lúa

en forma de corazón.

Iremos por Nazaré

ata a praia de Rodeira

a esperarte cando veñas

co esplendor da primaveira.

Abarcaches todo Cangas

como mestra de ensinanza

para deixar neste pobo

a túa esperanza.

(Maruxa foi mestra dende finais dos setenta en Nazaré, O Hío e San Roque, ata a súa xubilación en Monte Carrasco). Esta é a miña homenaxe a unha muller que sempre me mostrou o seu cariño a mín e ao meu fillo.

(*)Veciño de Cangas

Suscríbete para seguir leyendo