Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Cangas abre a inscrición para a Feira da Tapa, que coincidirá coa celebración da Mostra de Teatro

Presentación dunha edición anterior da Feira da Tapa. | G.NÚÑEZ

Cangas ven de abrir o prazo de inscrición para participar na Feira da Tapa, que se celebrará do 23 de xuño ao 3 de xullo, coincidindo coa Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo (MITCF), e terán cabida os establecementos de hostalería e restauración do municipio, que deben cumprir cos requisitos legais correspondentes á actividade económica que se desenvolve nos seus establecementos, desenvolver a súa actividade nun establecemento fixo no concello de Cangas e contar con cociña acorde ós servizos que presta , un espazo de lecer onde os clientes poidan gozar da tapa e aseos propios.

Propóñense dúas modalidades de presenación. A tapa, para establecementos de restauración, cafeterías e bares con instalación de cociña adecuada aos servizos e categoría do establecemento, sendo imprescindible que cumpran cos requisitos legais correspondentes á actividade económica e licenza que posúe. A outra opción é a de “elaboración especial” (cócteles, batidos, zumes, cafés ou xeados). En calquera dos casos, débese presentar só unha por local, e sempre a mesma; ter un nome específico que se incluirá nas formas de difusión do evento; estar preparada con produtos de calidade; ter uns mínimos de elaboración e presenza; estar deseñada especialmente para a participación na feira; non formar parte da oferta habitual do local; ser servida, sen excepción, nos horarios e días marcados previamente por cada local, durante o tempo que dure a feira. O xurado poderá velar polo cumprimento desde requisito, reservándose o dereito de prescindir das propostas que o incumpran.

O prezo fixo de venda ao público, con total independencia de calquera outra bebida ou produtos consumido, será de 3 euros na modalidade de tapa e 4,5 euros na de elaboración especial.

Os titulares dos establecementos participantes deben comprometerse a mantelos abertos e en funcionamento nas datas e horarios fixados para a feira. Ao mesmo tempo, cada local é libre de escoller o seu propio horario no que servir a tapa, tendo en conta que deberá ser respectado ao longo de todo o evento. Tamén se deberá detallar na folla de inscrición os días oficiais de peche de cada local, que poderá ser ampliado pero non reducido. Tamén se esixe cear unha tapa ou elaboración especial deseñada especificamente para súa participación na feira, que será presentada cun nome específico e descrición da receita de elaboración, o cal se incluirá nas diversas formas de difusión do evento.Será obrigatorio servir as tapas e elaboración especiais durante os días que dure a feira e nos horarios establecidos, comprometéndose a non cambialas no transcurso da feira, e coa previsión para non esgotar as existencias.

Os participantes deberán asistir a unha presentación da feira, previa ao inicio da mesma (na praza de abastos os días 6 e 7 de xuño) na que mostrarán e explicarán a tapa ou elaboración ao xurado, realizarase un rexistro fotográfico que se incorporará ao material informativo e publicitario. Tamén colaborar en tódalas accións de comunicación, publicidade e relacións públicas do evento nas que sexa requirido, e selar, cando os clientes o soliciten, as papeletas para votar e o pasaporte, logo de consumir a tapa ou elaboración especial.

Cota de inscrición

A cota de inscrición na X Feira da Tapa será de 70 euros se se inscribe nunha das dúas modalidades, e de 100 euros para os establecementos que se inscriban nas dúas modalidades. Os establecementos participantes deben presentar a folla de inscrición cumprimentada, xustificante de ingreso da cuota a turismo@cangas.gal ou na oficina de turismo (Casa da Bola, ata o 3 de xuño, como data máxima). Ao rematar a feira entreganse os premios do xurado profesional e do público, que disporá de papeletas de votación con tal obxectivo.

Compartir el artículo

stats