- No caso de que non houbese unha maioría absoluta, ábrese a posibilidade de gobernos de coalición ou apoios puntuais. Cal sería a posición e posibles condicións do PSOE de Bueu?

-A miña posición é clara: vou gobernar porque vou ter os concelleiros necesarios para facelo.

- Nestes días volve a xurdir con forza a problemática dos veciños da Illa de Ons. Pode ser un dos temas que marque esta campaña electoral?

-As diferenzas que desde a oposición lle mostramos ao alcalde foi máis que nada polo uso partidista e de mal goberno que se fixo ata o de agora deste tema. A partir de que a xente pediu a participación de toda a corporación, e estamos incluídos nas reunións que se están levando a cabo, creo que a posicióné clara: apoio total aos veciños en canto o acceso libre a illa. A Xunta ten que ser quen de pronunciarse, dicir o que quere facer e non andar con trapalladas e con voltas. Se o fin último é que a Illa de Ons sexa declarada Patrimonio da Humanidade e ten que ser nunhas condicións de acceso determinadas, primeiro terán que ser os illáns, propietarios, que para iso pagan unha concesión, e familiares en calquera grado e despois os demais. E se non é así será convinte plantexarse por parte do Concello manifestarse contrario a esta declaración mediante esta moción.