"O Concello debe valorar se é convinte a Declaración de Patrimonio da Humanidade para Ons"
-No caso de que non houbese unha maioría absoluta, ábrese a posibilidade de gobernos de coalición ou apoios puntuais. Cal sería a posición e posibles condicións do PSOE de Bueu?
-A miña posición é clara: vou gobernar porque vou ter os concelleiros necesarios para facelo.
-Nestes días volve a xurdir con forza a problemática dos veciños da Illa de Ons. Pode ser un dos temas que marque esta campaña electoral?
-As diferenzas que desde a oposición lle mostramos ao alcalde foi máis que nada polo uso partidista e de mal goberno que se fixo ata o de agora deste tema. A partir de que a xente pediu a participación de toda a corporación, e estamos incluídos nas reunións que se están levando a cabo, creo que a posicióné clara: apoio total aos veciños en canto o acceso libre a illa. A Xunta ten que ser quen de pronunciarse, dicir o que quere facer e non andar con trapalladas e con voltas. Se o fin último é que a Illa de Ons sexa declarada Patrimonio da Humanidade e ten que ser nunhas condicións de acceso determinadas, primeiro terán que ser os illáns, propietarios, que para iso pagan unha concesión, e familiares en calquera grado e despois os demais. E se non é así será convinte plantexarse por parte do Concello manifestarse contrario a esta declaración mediante esta moción.
Temas
Más en Morrazo
-
La Mostra de Cangas más "cósmica e inclusiva" celebra su 41ª edición con 11 días de teatro
-
Últimas noticias de O Morrazo, de Cangas, Moaña y Bueu, hoy en directo
-
Últimas noticias hoy en directo de O Morrazo
-
La ambulancia de Moaña aparece saboteada con ruedas pinchadas y se reaviva el conflicto laboral