Síguenos en redes sociales:

A romaría de Darbo "múdase" a Bueu

O sábado preséntase na vila o corto "Irei a Darbo", que incluirá proxección de imaxes e un pasarrúas con banda de música

A romaría de Darbo "múdase" a BueuUn momento da presentación celebrada no mes de novembro no Auditorio de Cangas.// S.Álvarez

O proxecto documental "Irei a Darbo" chega esta fin de semana a Bueu, unha boa oportunidade para revivir a popular romaría que cada mes de setembro se celebra na parroquia canguesa. O Cineclube Bueu e os responsables da producción organizan unha proxección da cinta, que ademais vira acompañada de actividades complementarias ao longo do día.

Durante toda a xornada haberá una proxección de fotografías na sala Aturuxo, onde se poderá ver unha ampla selección de imaxes relacionadas coa rodaxe e gravación de "Irei a Darbo", que tivo lugar a finais do mes de setembro no entorno do adro da igrexa de Darbo e na que se recrea coomo era esta popular romaría a comezos do século pasado. Nese documental aparece unha banda de música, que se volverá a xuntar para a ocasión. Non estarán os trece integrantes que aparecen na cinta xa que algúns están fóra de Galicia debido a cuestións laborais, pero si que estarán a maioría. A iso das sete e media da tarde protagonizarán un pasarrúas polas principais vías do centro de Bueu, a modo de animación e invitación a acudir a proxección do documental.

O pase está programado para ás 20.30 horas no auditorio do Centro Social do Mar de Bueu, coa colaboración do Cineclube Bueu. Nesta ocasión a entrada será de balde e tras a exhibición de "Irei a Darbo", que dura uns dez minutos, haberá a posibilidade dunha charla coloquio cos seus responsables. En Bueu estarán o seu director artístico, o bailarín Miguel Sotelo; o director da cinta, Borja Brun; e a produtora, Alba Sotelo. Tamén se agarda a intervención de Salvador Castro, que lerá un poema de Bernardino Graña.

Esta será a segunda presentación de "Irei a Darbo". A estrea oficial tivo lugar a finais do mes de novembro nun multitudinario acto no Auditorio de Cangas. A intención dos seus responsables é organizar unha nova proxección na Deputación de Pontevedra, un acto para o cal se está a buscar a data máis axeitada.

Pulsa para ver más contenido para ti