O músico e cantante Raúl estará hoxe no Var con Uve de Moaña coa súa canción urbana e cancións de Sabina, Antonio Vega, Silvio ou Kiko Veneno, entre outros. O artista leva máis de dez anos percorrendo Galicia de bar en bar e hoxe estará a partir das 22.30 horas e con entrada de balde no Var con Uve. Mentras, os afeccionados ao rhythm&blues da vella escola, swing ou ao son de Nova Orleans poderán desfrutar en Cangas coa banda The Barefootings, que veñen dende Cedeira. Será a partir das 22.30 horas, cunha entrada de 7 euros e ao rematar haberá unha festa swing con DJ Garbi.