San Pedro e San Andrés, como primeiros apóstoles e pescadores coñecidos, contan con numerosas advocacións en Galicia e baixo os seus nomes tamén se organizan as confrarías mariñeiras de Ribeira e da Coruña. Porén, é chamativo que non exista ningunha adicada a San Cremenço do Mar (Marín) apesar de ser coñecido polas cantigas medievais e pola sua iconografía na que figura cunha áncora coa que se conta que foi fondeado como final do seu martirio.