A Auditorio municipal de Cangas acolle hoxe a representación da última montaxe da compañía Teatro do Morcego, agora residente no Concello de Narón e dirixida polo moañés Celso Parada. Trátase de "A Nona", unha comedia baseada nun texto do dramaturgo arxentino Roberto Cossa. A representación muda de hora e está prevista para as 20.00 horas.

"A Nona" é a historia dunha familia arxentina pero de ascendencia italiana e na que sobresae a figura da avoa, unha muller moi maior e que non pode parar de comer. O resto da familia vai cara a ruina a pesar de buscar diversos camiños para saír da pobreza: enganos, prostitución, mendicidade... Ata que finalmente deciden asasinar á vella, aínda que as cousas non sairán como cada un deles prevé.

A dirección da comedia recae novamente en Celso Parada, mentras que o elenco de intérpretes está formado por Miguel Pernas (A Nona), Mundo Villalustre (Chicho), César Goldi (Carmelo), Mónica Camaño (María), Miguel Varela (Don Francisco), Elina Luaces (Anyula) e Iolanda Muíño (Marta).

Entradas

As entradas para asistir a representación teatral poden adquirirse hoxe mesmo na billeteira do Auditorio municipal cangués a partir das 18.00 horas a un prezo de cinco euros. A de hoxe é unha das primeiras representacións de "A Nona", que foi estreada oficialmente hai uns días no Pazo da Cultura do Concello de Narón.