O sector ten permitido a extracción da nécora e do lubigante en toda Galicia, unha campaña que permanecerá aberta ata o próximo 30 de decembro. No caso da nécora, as medidas de xestión para a súa explotación desenvólvense nun plan experimental para a xestión desta especie e do camarón coa arte de nasa nécora e camarón. En concreto, este plan estará vixente ata o 30 de xuño de 2019, tal e como indicou a Xunta.

Nel establécese o número de nasas permitido segundo o tamaño de embarcación e o número de tripulantes enrolados a bordo. Ademais, especifica que o horario de rebaixa de nasa nécora e camarón será nocturno, con excepcións na ría de Arousa e de Vigo. Nelas, o calamiento tamén poderá ser diúrno. Unha vez cumprido o horario de traballo, deberán ser levadas ao porto diariamente.

A veda da nécora para os anos 2018 e 2019 establecerase nos correspondentes plans xerais de explotación marisqueira correspondentes a eses anos.